GALEGO | CASTELLANO
Contidos

O IES Val do Asma de Chantada gaña o primeiro premio do concurso de carteis para o Día Internacional da Muller

Participaron alumnado de 5º e 6º de educación primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria dun total de 44 centros educativos

O xurado estivo formado polos integrantes da Comisión asesora de publicidade non sexista, a Secretaría Xeral da Igualdade, e da Consellería de Educación
 

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018.- Alumnado de 4º de ESO do Instituto de Educación Secundaria Val do Asma de Chantada (Lugo) resultou gañador do concurso de deseño de carteis convocado pola Xunta con motivo da celebración o próximo 8 de marzo do Día Internacional da Muller.

O segundo premio recaeu en alumnas de 2º de ESO do CEIP Salvador de Madariaga da Coruña, e o terceiro no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces (Pontevedra) por un traballo presentado por alumnado de 3º de ESO.

No concurso participou alumnado de 5º e 6º de primaria, e da Educación Secundaria Obrigatoria de 44 centros educativos de Galicia. O seu obxectivo é fomentar a promoción da igualdade na etapa escola, a través da visibilización da contribución das mulleres nos distintos ámbitos e a promoción da reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade.

O xurado estivo formado por representantes da Secretaría Xeral da Igualdade, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e por todos os integrantes da Comisión asesora de publicidade non sexista, da que forman parte a Secretaría Xeral de Medios, a CRTVG, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, axencias de Publicidade, a Axencia de Turismo de Galicia, e o Instituto Galego de Consumo.

Contidos
  • Televisión Dixital Terrestre
  • Retegal
  • CRTVG
Xunta de Galicia
Ir a Turismo de Galicia Turismo de Galicia
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS