GALEGO | CASTELLANO
Contidos

O cartel gañador do concurso escolar protagonizará a campaña da Xunta con motivo do Día Internacional da Muller

O alumnado do IES Val do Asma de Chantada foron os gañadores do 1º premio do concurso de carteis onde participaron 44 centros de toda Galicia

O cartel gañador será o protagonista da campaña institucional da Xunta para o 8 Marzo
 

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez recibiron esta mañá os gañadores do concurso escolar de carteis con motivo do Día Internacional da Muller
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez recibiron esta mañá os gañadores do concurso escolar de carteis con motivo do Día Internacional da Muller

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez recibiron esta mañá os gañadores do concurso escolar de carteis con motivo do Día Internacional da Muller.

Alfonso Rueda avanzou que o cartel gañador será o protagonista da campaña institucional da Xunta para o 8 de marzo, e cada ano o Goberno galego convocará o concurso entre os centros educativos galegos e o deseño gañador sexa o elixido para a campaña do Día Internacional da Muller.

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Secundaria Val do Asma de Chantada (Lugo) foron os gañadores do primeiro premio do concurso de deseño de carteis convocado pola Xunta e que estaba dirixido ao alumnado dos últimos cursos de primaria e toda a secundaria no que participaron 44 centros de toda Galicia.

A Xunta segue implicando á mocidade galega na procura da igualdade real entre homes e mulleres e á erradicación da violencia de xénero, nun ámbito tan importante como é a educación en igualdade para acadar unha sociedade máis igualitaria, con medidas que abranguen dende a prevención da violencia, apoio a vítimas ou iniciativas para fomentar a igualdade nas empresas e no deporte. Ademais, da aprobación en 2016 do Primeiro Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos.

O xurado estivo formado por representantes da Secretaría Xeral da Igualdade, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e por todos os integrantes da Comisión asesora de publicidade non sexista, da que forman parte a Secretaría Xeral de Medios, a CRTVG, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, axencias de Publicidade, a Axencia de Turismo de Galicia, e o Instituto Galego de Consumo.

Contidos
  • Televisión Dixital Terrestre
  • Retegal
  • CRTVG
Xunta de Galicia
Ir a Turismo de Galicia Turismo de Galicia
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS