GALEGO | CASTELLANO
Contidos

Proxectos

Dar a coñecer a realidade das persoas maiores e cambiar estereotipos a través do uso correcto da linguaxe e do uso de recursos comunicativos, para mellorar a maneira na que informamos e comunicamos.

O tratamento das persoas maiores nos medios de comunicación

Conscientes da importancia e da influencia que os medios de comunicación exercen na opinión pública, tanto na consolidación de imaxes sociais, coma no seu papel de axente de cambios nas actitudes da poboación, presentamos esta guía de estilo sobre “o tratamento das persoas maiores nos medios de comunicación” como unha ferramenta útil para ofrecer unha información de mellor calidade sobre o envellecemento.

O obxectivo desta guía é dar a coñecer a realidade das persoas maiores e cambiar estereotipos a través do uso correcto da linguaxe e do uso de recursos comunicativos, para mellorar a maneira na que informamos e comunicamos.

Para lograr este obxectivo, é necesaria a incorporación das persoas maiores nos procesos de participación dunha forma activa e dun xeito normalizado como vía de fortalecemento da sociedade.

Este documento invita aos profesionais a facer un cambio no tratamento das persoas maiores nos medios de comunicación, porque pensamos que hai outra maneira de comunicar sen estigmas nin prexuízos.

Contidos
  • Televisión Dixital Terrestre
  • Retegal
  • CRTVG
Xunta de Galicia
Ir a Turismo de Galicia Turismo de Galicia
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS