GALEGO | CASTELLANO
Contidos

Proxectos

Velar pola eliminación do sexismo nas mensaxes publicitarias e pola incorporación de accións positivas que contribúan, desde un ámbito tan importante como é o da publicidade, a erradicar todo tipo de discriminación por razón de xénero.

O tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación

O 5 de maio de 2014 a Xunta de Galicia crea, ao abeiro do disposto na disposición adicional sexta da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, o Observatorio Galego da Violencia de Xénero.

Este Observatorio concíbese como unha peza fundamental para o estudo, avaliación e seguimento das políticas contra a violencia de xénero en Galicia, nel están representados as consellerías da Xunta de Galicia, a Delegación do Goberno, o Poder Xudicial, a Fegamp, os sindicatos e a Televisión de Galicia, entre outros.

Quérese destacar que o papel dos medios de comunicación é clave na loita contra a violencia de xénero. A Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero dedica o artigo 14 a establecer os termos da difusión de informacións relativas á violencia contra as mulleres e prestarase especial atención ao papel dos medios de comunicación como transmisores responsables das noticias relacionadas coa violencia de xénero. Nesta liña de responsabilidade social dos medios de comunicación proponse unha serie de recomendacións á hora de abordar o tratamento da violencia de xénero recollidas no seguinte documento.

Documentación relacionada:

Contidos
  • Televisión Dixital Terrestre
  • Retegal
  • CRTVG
Xunta de Galicia
Ir a Turismo de Galicia Turismo de Galicia
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS