GALEGO | CASTELLANO
Contidos

Proxectos

A Secretaría Xeral de Medios e a Secretaría Xeral da Igualdade organizan este curso que terá lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública os días 22 e 23 de abril de 2015.

Curso "Igualdade e tratamento mediático da violencia de xénero"

A Secretaría Xeral de Medios e a Secretaría Xeral da Igualdade organizan o curso "Igualdade e tratamento mediático da violencia de xénero", que terá lugar, na sede da Escola Galega de Administración Pública, os días 22 e 23 de abril de 2015. O programa pode descargarse nesta ligazón.

O curso será gratuíto. Todas as persoas interesadas poderán inscribirse cubrindo e enviando este formulario. Tamén poderán facelo enviando unha solicitude cos seus datos persoais: nome, apelidos, DNI, profesión e teléfono ao correo electrónico cursoigualdade@gmail.com.

Ao finalizar o curso entregarase un certificado de asistencia no que figurará o número de horas presenciais (16 horas) a todas as persoas que asistan á totalidade das sesións.

Haberá intérprete de lingua de signos española (LSE).

Contidos
  • Televisión Dixital Terrestre
  • Retegal
  • CRTVG
Xunta de Galicia
Ir a Turismo de Galicia Turismo de Galicia
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS