GALEGO | CASTELLANO
Contidos

Obxectivos

A Secretaría Xeral de Medios é o órgano superior da Administración autonómica encargado de executar a política xeral da Xunta de Galicia en materia de comunicación e audiovisual.

Encárgase da xestión das competencias do Goberno galego en materia de medios de comunicación social e tamén desenvolve tarefas de publicidade. Ambas as dúas competencias están recollidas no propio Estatuto de Autonomía de Galicia, nos artigos 27 e 34.

Este departamento ten como misión ademais promover as relacións cos medios informativos e a dirección e coordinación dos diferentes gabinetes de comunicación da Xunta de Galicia e da súa Presidencia.

Paralelamente, deseña, realiza e divulga a acción institucional da Xunta de Galicia; planifica a política de imaxe e publicidade institucional do Goberno galego; coordina o seguimento relativo ás normas sobre a identificación corporativa da Xunta e realiza estudos sobre materias relativas a todos os sectores da información e a medios de comunicación en xeral.

Conta coa Dirección Xeral de Comunicación, as Subdireccións Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais; a Subdirección Xeral de Enxeñaría e Planificación de Radio, Televisión e Multimedia, o Gabinete de Comunicación e o Gabinete de Estudo dos Recursos de Comunicación.
 

Contidos
  • Televisión Dixital Terrestre
  • Retegal
  • CRTVG
Xunta de Galicia
Ir a Turismo de Galicia Turismo de Galicia
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS