GALEGO | CASTELLANO
Contidos

Proxectos

A Secretaría Xeral de Medios, a través do Centro Multimedia de Galicia (en adiante CMG), realiza cursos de formación multimedia baseados en gravacións de vídeo. É por isto polo que conta cunha videoteca con máis de 600 títulos.

Servizo de Visualización da videoteca de formación

O modelo formativo do CMG está en continuo cambio, en funcións das melloras e dos avances tecnolóxicos, e basease no concepto de blended learning, é dicir, combínanse actividades presenciais, síncronas e de e-learning.

Na actualidade, dende o CMG estase a traballar en mellorar e adaptar o novo programa multimedia aos novos modelos de relacións que xorden da Rede e a o número de centros avanzados da Rede CeMIT. É por isto, que o CMG utilizará material audiovisual para as súas actividades formativas e que dito material estará aloxado na videoteca do CMG.

Para dar este novo servizo é necesario un proceso de análise e de estudo do material audiovisual formativo do Centro Multimedia de Galicia e unha adaptación e integración do mesmo aos estándares web para poder promocionalo nas redes sociais máis coñecidas (Facebook, Twenti, Twitter, etc.).

OBXECTO DO PROXECTO

O obxecto é dispoñer dun servizo para mellorar as capacidades e a visualización da videoteca de formación do CMG. Para isto estase a realizar un proceso de análise e estandarización do material formativo, migracións das bases de datos implicadas, así como a súa adaptación para achegar ditos contidos ás redes sociais máis coñecidas.

O obxectivo final será o de mellorar a metodoloxía de teleformación empregada, e deste xeito adaptala á nova demanda dos centros avanzados da Rede CeMIT.

ALCANCE DOS SERVIZOS E CARACTERÍSTICAS ESPECÍFICAS

Estase a realizar a migración e adaptación da base de datos dos títulos dos vídeos cos que conta o Centro Multimedia de Galicia.

Ademais adaptanse os contidos a estándares web de catalogación de material audiovisual, así como para a súa promoción nas principais redes sociais. 

A continuación detállanse as tarefas a desenvolver:

  • FASE 1: Bases de datos e catalogación e organización dos contidos.

A fase 1 inclúe as seguintes tarefas:

  1. Migración da base de datos en Access da que dispón o CMG e adecuación dos metadatos aos estándares de vídeo.
  2. Etiquetado dos vídeos relacionados coa formación e co audiovisual galego.
  • FASE 2: Melloras na visualización dos vídeos.

A fase 2 inclúe as seguintes tarefas:

  1. Adaptar a visualización dos vídeos a FFmpeg, software libre e código aberto para a subida de ficheiros na videoteca do CMG. Terase en conta que se poderá utilizar noutras plataformas se fora necesario para a subida de vídeos.
  2. Conversión dos formatos dos vídeos a versións online que deberán incluír a opción de HD para as conexións de alta velocidade. Os vídeos tamén conservaranse no seu formato orixinal.
  3. Posibilidade de creación de playlist temáticos para a súa reprodución en pantalla completa.
  4. Incluír un reprodutor de vídeo que poda incrustarse noutras plataformas, de cara a integración nas principais redes sociais.
  • FASE 3: Adaptación ás principais funcións sociais.

A fase 3 inclúe as seguintes tarefas:

  1. Posibilidade de compartición dos vídeos coa maioría de redes sociais actuais (Facebook, MySpace, Twitter, etc).
  2. Posibilidade de poder comentar os vídeos, valoralos, mediante sistema de estrelas,  e de marcalos como favoritos.
  3. Desenvolvemento dun ranking dos vídeos máis vistos, máis comentados, máis valorados, etc.
  4. Posibilidade de subscrición  ás novas a través de RSS.
  • FASE 4: Incorporación dun rexistro único de acceso aos servizos do Centro Multimedia de Galicia.

A fase 4 inclúe a seguinte tarefa:

Unha vez unificadas as bases de datos os usuarios dos servizos do CMG  poderán acceder aos mesmos dende un único rexistro de entrada, é dicir, cun só usuario e contrasinal, poderán beneficiarse dos proxectos dos que dispón o CMG (accións formativas, concursos, comunidade virtual da Rede de Telecentros de Comunicación, plataforma de teleformación, etc.)

Contidos
  • Televisión Dixital Terrestre
  • Retegal
  • CRTVG
Xunta de Galicia
Ir a Turismo de Galicia Turismo de Galicia
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS